Sale!

NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR

Original price was: €13,30.Current price is: €3,99.

SKU: a34662 Category:

Description

Sin stock. Solicite información

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
2019
Materia
Biografia: general
ISBN:
978-84-8487-440-9
Páginas:
114
Encuadernación:
Rústica
Colección:
CADERNOS ENSAIO

Chegou axiña. Un home alto, robusto, cachola grande, face ovalada,
cellas curvas, longas fazulas, beizos carnosos, barba moi curta, pelo
case ao rape. Tiña un sorriso franciscano, só lle faltaba a carapucha
para ser un tal. Era o Nuredin. Falaba un francés moi comprensíbel,
menos mal. Díxenlle de irmos a Temara e, moi cortés, suxeríume
baixarmos ao porto, na foz do río, e collermos o paseo e logo a estrada
da beiramar, para evitar os atrancos na travesía do centro da cidade a
aquelas horas. Conforme, díxenlle, vostede sábeo millor ca min. Botou
un sorriso de compracencia pola miña confianza. O auto era un Mercedes
grandocho, modelo ano de catapún, confortábel só que moi vencido
ouleaba o motor coma un can doente cando reducía a marchas
curtas, mais andaba ben. Polo camiño, dabame espricacións breves sobre
lugares polos que pasabamos, edificios singulares ou monumentos
que viamos, os vestixios da presenza portuguesa de antano, a francesa
máis recente, inda onte coma quen di. Fomos un país ocupado, e nótasenos
aínda hoxe dixo de sócato nunha desas, como sen querer, e
botoume unha inquisitiva ollada de esguello polo retrovisor, ao axexo
da miña reacción. Mal sabía el a quen estaba a dicirllo, mais mudoulle
a cara a unha expresión de alivio cando viu no espello o meu divertido
sorriso irreprimidamente cúmplice.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll hacia arriba