Sale!

O INFINITO NUN XUNCO

Original price was: €25,60.Current price is: €7,68.

SKU: a57041 Category:

Description

En stock

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2021
Materia
Ensayos
ISBN:
978-84-9121-843-2
Páginas:
512
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO

«O infinito nun xunco» é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social. Irene Vallejo condúcenos a través dunha fascinante viaxe pola historia dos libros, ese asombroso artefacto que atravesou o espazo e o tempo. Ao longo de trinta séculos, a fabricación dos libros botou man do fume, da pedra, do barro, dos xuncos, da seda, da pel, das árbores e, finalmente, do plástico. Esta é unha abraiante aventura colectiva protagonizada por miles de persoas que ao longo dos séculos fixeron e protexeron libros: narradoras orais, escribas, iluminadores, tradutoras, vendedores ambulantes, mestras, sabios, espías, rebeldes, monxas, escravos, aventureiras, lectoras e lectores… «O infinito nun xunco» é un libro orixinal, entretido, erudito; unha alfaia literaria que se le coma unha novela. Escrito cunha voz profundamente literaria, que conecta trinta séculos de historia, Irene Vallejo constrúe rutas que se deteñen na Vila dos Papiros, nos pazos de Cleopatra, nas primeiras librarías coñecidas e nos talleres de copia de manuscritos, nas fogueiras dos códices prohibidos, no Gulag, na biblioteca de Saraxevo e no labirinto subterráneo de Óxford en 2000. Son rutas que vencellan os clásicos co trepidante mundo contemporáneo, conectándoos cos debates actuais.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “O INFINITO NUN XUNCO”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll hacia arriba