Sale!

GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA. 120 REALIDADES SILENCIADAS

Original price was: €23,75.Current price is: €7,13.

SKU: a30293 Category:

Description

En stock

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
2018
Materia
Política y gobierno
ISBN:
978-84-8487-428-7
Páginas:
428
Encuadernación:
Bolsillo
Colección:
ENSAIO

Dicir a verdade, informar, é hoxe unha actividade revolucionaria e
por iso está claramente reprimida e silenciada. Dicía Noam Chomsky,
lingüista e fi lósofo de EE.UU, que «a manipulación mediática fai máis
dano que a bomba atómica porque destrúe os cerebros». Tamén dicía
Chomsky que «é responsabilidade dos intelectuais dicir a verdade e
expoñer as mentiras».
Estas son algunhas desas verdades ou realidades silenciadas: o franquismo
foi unha ditadura criminal; en Galiza non houbo guerra civil,
senón un xenocidio; as mulleres sufriron unha dupla represión; Franco
era un ladrón e un corrupto; os crimes do franquismo aínda están impunes; O Val dos Caídos é un monumento franquista; o PP aínda non
cortou cordón umbilical co franquismo; o ditador Franco elixiu a Juan
Carlos como o seu sucesor; Juan Carlos manifestou que tiña un grande
afecto e admiración polo ditador; o rei Juan Carlos foi o inspirador do
23-F; temos unha monarquía corrupta e o rei Juan Carlos fi xo unha
gran fortuna; os Borbóns viven como deus; a monarquía está blindada.
Este libro é un manifesto contra os restos do franquismo; unha guía
para orientarse, non perderse en política e contrarrestar a propaganda
oficial. Un libro colectivo con centos de citas a pé de páxina de escritoras
e xornalistas, que son, realmente, as autoras.
Unha ferramenta útil para derrotar a unha dereita e extrema dereita,
convertidas nun auténtico monstro, que hoxe se presenta con tres cabezas (PP, Cs e Vox), pero un só corazón, con latidos franquistas. Pode
ser tamén útil para o traballo do profesorado, un libro para todas as
persoas ?independentemente da súa idade, ideoloxía ou pensamento
político? que queiran acceder a unha información que, lamentablemente,
non está moi difundida.
Fronte ao silencio e boicot na difusión de moitas verdades, cómpre
a complicidade e colaboración das lectoras na difusión e debate das
120 realidades que aborda o libro.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “GUÍA PARA NON PERDERSE EN POLÍTICA. 120 REALIDADES SILENCIADAS”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll hacia arriba