Description
En stock
Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
Este material inclúe materiais debidamente revisados, postos ao día e adaptados ao novo currículo, cun formato de presentación en 16 unidades, cun Glosario e un Anexo gramatical finais. Estes materiais foron experimentados e mellorados ao longo de moitos cursos e son o froito dunha práctica docente constante e real, a pé de aula.
As unidades atenden desde un enfoque competencial, mediante recursos tanto teóricos como prácticos, os dez grandes obxectivos do nivel e os catro grandes bloques de contido que contempla o novo currículo: «As linguas e os seus falantes», «Comunicación», «Educación literaria» e «Reflexión sobre a lingua».
A novidade fundamental que incorpora o manual de Lingua Galega e Literatura de 1º de Bacharelato con respecto a anteriores edicións constitúena os PROXECTOS.
Os proxectos son un conxunto de 64 propostas, a razón de 4 por Unidade, que, facendo pé nunha base firme de contidos substanciais e rigorosos, atende tanto os procesos como os produtos e permite a abordaxe de aspectos como a igualdade de xénero, a diversidade sexual, a natureza, a lusofonía, a multiculturalidade, o coñecemento do medio xeográfico e social, a interacción interxeracional…
Cada un destes aspectos aparece identificado no libro pola correspondente icona, de maneira que sexa máis doado organizar a súa abordaxe e secuenciación opcional ao longo do curso.
Este conxunto de proxectos que ofrecemos ten como obxectivo que o alumnado, individualmente ou de forma colectiva, consulte fontes de información variadas e interdisciplinares; realice traballos incorporando formatos multimodais mediados polas novas tecnoloxías e relacionados cos diferentes ámbitos de comunicación; realice exposicións e argumentacións orais con diferente grao de planificación sobre diversos temas de interese; aprenda a investigar de maneira autónoma con rigor e espírito crítico; e despregue, en derradeira instancia, a súa creatividade e autoestima.
Particularmente, esta proposta persegue desenvolver as seguintes habilidades ou competencias:
– o traballo en equipo.
– as competencias dixitais.
– as competencias orais multimodais.
– a capacidade de producir textos escritos multimodais coherentes.
– o sentido crítico e a selección de información pertinente.
– a autoestima e a creatividade, convertendo o alumnado no protagonista do proceso de aprendizaxe.
– o traballo interdisciplinar (música, historia, xeografía, TIC, ciencias naturais…)
As propostas de PROXECTOS enunciadas no libro compleméntanse na Aula Virtual con indicacións, orientacións metodolóxicas, bibliografía e webgrafía.
Reviews
There are no reviews yet.